A TRIBUNA | O |
30 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DIXO AZAÑA QUE España deixara de ser católica. A frase non só acadou sona, senón que aquelas palabras, ditas hai setenta anos, aínda teñen vixencia, pois as informacións relacionadas coa relixión católica moitas veces semellan destinadas a xerar polémica. ¿Segue España a ser católica? Podería pensarse que si vendo o interese que suscitan algunhas actitudes públicas. Tamén se podería dar unha resposta negativa comprobando que o divorcio ou o aborto están regulados con criterios afastados das teses da Igrexa Católica. E entre esas dúas posicións anda a sociedade un pouco alporizada pola previsión de que a relixión teña outra vez valor académico no ensino. Podería lembrarse o interese co que moitos agnósticos, non hai moitos meses, aplaudían as palabras do Papa contra a guerra de Iraq para deducir que non é doado perder o interese polo catolicismo. Pero tampouco se debería esquecer que sen a relixión, ensinada nas escolas ou nas igrexas, non se entende a historia de Mondoñedo ou de Ribadeo na Idade Media nin ese Camiño Norte que se anda a promocionar como un dos alicientes da Mariña. ¿Ou xa nos abonda con Pocholo?