LA TRIBUNA | O |
10 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.QUE HAXA PROBLEMAS nunha negociación entre partidos non debería sorprender a ninguén, sobre todo se están en xogo os gobernos dalgúns concellos. O que ocorre é que estamos moi afeitos ás unanimidades, e os apoios silenciosos identifícanse moitas veces como sinónimo de vantaxes sociais. Pero o problema xorde cando algunhas claridades non dan evitado a sensación de agocharen algo máis. Aceptemos, pois, que haxa problemas na negociación entre o PSOE e o BNG en Ribadeo ou entre os partidos (PSOE, EU e candidatura independente) que deben artellar un acordo en Navia para que non siga gobernando o PP. ¿Cales son os problemas? ¿Hai algunha razón poderosa que lles impida acadar un acordo? ¿Pensan o mesmo ou de maneira diferente sobre a autovía, os planos de rehabilitación e o apoio ó pequeno comercio? ¿Ou será que todo isto é só unha estratexia? En calquera caso, as dúbidas terán que resolverse antes do sábado.