A TRIBUNA | O |
03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O VENRES CELÉBRASE o Día Mundial do Medio Ambiente. Dubido que haxa moito que celebrar, pero é bo momento para analizar e porse á tarefa de correxir erros desafortunados. Está nas nosas mans. Esta semana os municipios costeiros están pendentes das bandeiras azuis e todos agardan ter a maior cantidade ondeando nas súas praias este verán. As bandeiras non deberían entenderse como un premio temporal senón de todo o ano, como unha forma de espertar a conciencia de que o litoral necesita atención constante e regular, non só na época turística e non só durante o verán porque a natureza vive, e así parece que se olvida, os seu ciclos e en cada un deles mostra unha beleza peculiar. O mar e a costa merécense máis mimos, menos caprichos urbanísticos, menos paseos de cemento... Tódolos días son días mundiais do medioambiente. A conciencia non se limita a 24 horas. As cunetas que agora aparecen despexadas de maleza na beira da estrada deixan nalgúns sitios, como no acceso a Burela, basureiros á vista. Un que tira desde o coche un bote de coca-cola, outro un paquete de cigarrillos, outro un tetra-brik... Vendo que pasa en terra, ¿canta merda traga o mar cada día?