A distancia dos Concellos

A MARIÑA

LA TRIBUNA | O |

30 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NON HAI DÚBIDA de que a situación política da Mariña e do Occidente de Asturias non é a mesma de hai unha semana, pois nas eleccións do domingo producíronse cambios importantes. En Ribadeo ou en Navia, en Viveiro ou en Vegadeo abundan estes días os comentarios e os rumores, e non é para menos, tendo en conta a importancia deses concellos nesta zona. Mentres se fala dos protagonistas do vindeiro mandato municipal, coméntanse menos tódolos asuntos que poden ser noticia nos vindeiros catro anos. A autovía pasará pola Ponte dos Santos, construirase unha nova ponte a poucos quilómetros se avanza o proxecto da circunvalación de Vegadeo, Viveiro poderá ter parador e Navia esperará o día en que o tráfico non sexa unha molestia no centro urbano. Son asuntos de importancia para todo o norte da península, aínda que non convén esquecer que todos eses proxectos dependen doutras administracións. Velaí, pensa un, un dos trazos máis significativos dos Concellos: son a adminstración máis próxima ós cidadáns, pero as grandes decisións tómanse lonxe. Non obstante, os posibles cambios de goberno neses catro concellos son sempre noticia.