Pérez Vacas estaría disposto a governar co BNG, con quen dí, manteñen unha relación moi boa. Ademáis, aposta porque en caso de xuntar os concellais necesarios e pactar un governo común, sexa alcalde o candidato máis votado das dúas formacións. Por outra banda, amósase moi crítico co posto de Andina na Deputación. _Foi nefasto para Ribadeo, que en lugar de ter un alcalde tivo un vicepresidente da Deputación. _¿Cómo ve a candidatura do PP? _O rechamante é que a súa renovación comenzou por votar fora ó concellal máis novo e ó máis traballador, Francisco Rivas. _¿Perdeu moito Ribadeo nos últimos anos? _As obras básicas están por facer e por aí imos escomenzar nós. Aínda lembro as palabras de Andina en 1995, cando decía que Ribadeo tería plan xeral e polígono en oito meses.