A Librería Bahía cumpre en maio 40 anos. O seu fundador, Suso Fernández, acaba de editar un libro para agradecer que a sociedade lle permitira sobrevivir
22 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A Librería Bahía foi a primeira que funcionou en Foz. Ó fondo do local estaba instalada a imprenta, unha iniciativa que impulsaba tamén o focense Suso Fernández e que, segundo el mismo declaraba onte, foi igualmente a primeira que houbo na localidade. _¿Como se arriscou a poñer ese negocio? _ Fixera maxisterio e procurador dos tribunais, pero crieime nunha casa de negocios e tirábame o mundo do comercio, asi que elexín o que vocacionalmente me atraía máis, que eran as letras. _¿Lembra o primeiro pedido? _O pedido non o recordo, pero daquela era penoso; agora lese pouco pero antes nada. Eran contadiñas as personas que lían. Tiña un expositor de Plaza y Janés e viña un distribuidor de Vigo, Antonio Lloves, que tiña libros de Destino e tamén de Galaxia, que daquela contaba só con unha ducia de títulos. A verdade é que pouco se vendía. Non había consumo de libros, pero a min gustabame ese mundo. Eu digo que para abrir este negocio ou amas os libros ou non sabes qué facer cos cartos. Non coñezo a naide que se fixera rico nun pobo vendendo libros. _Pero tivo boa acollida _A librería permiteume vivir dignamente e criar catro fillos. Os actos que organizamos: a charla que deu Antón Meilán e a obriña que lle editamos e coa que agasallamos á xente foi de agradecemento á sociedade, que me permitiu vivir estes 40 anos. _Culturalmente tivo repercusión en Foz _O Bahía si que foi foco de espallamento da cultura. Editei libros, escribín e nese amor naceu a feira do libro, que vai xa para a 17 edición.