O mundo é moi pequeno

A MARIÑA

LA TRIBUNA | O |

08 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A FOTOGRAFÍA e a televisión puxéronlle imaxe ós horrores do mundo. Nunca esqueceremos a guerra de Vietnam mentres lembremos a foto daquela nena que choraba e corría espida fuxindo do «napalm» e do terror, do mesmo xeito que o atentado contra as Torres Xemelgas de Nova Iork está gravado en nós co impacto dun avión contra un edificio baixo un ceo azul. Nesta guerra contra Irak, xa temos tamén un nome propio, José Couso, que na Mariña non deixa indiferente, pois era neto dun coñecido mestre que casou na Pontenova e que despois foi tamén alcalde e empresario en Ribadeo. Non sei se morreu por ese blasfemo sarcasmo chamado fogo amigo ou se o seu falecemento debe incluírse na non menos inhumana lista dos danos colaterais. Pero non hai dúbida de que esta morte e tódalas anteriores nos amosan que unha guerra é un desastre onde unha xente morre por culpa doutra xente. ¿Non abonda para que algúns se decaten?