A favor da «movida» en Burela

La Voz

A MARIÑA

FORO PÚBLICO

06 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Somos pais e nais da xuventude de Burela, e queremos que os nosos fillos se divirtan no noso pobo. Non entendemos que uns poucos se empeñen en mandalos fóra do seu pobo. Antes esto, nos, como pais, estamos preocupados, xa que nos estamos vendo colgados das ventás como tódolos veráns ata que chegan os nosos fillos, que, tirados nas carreteras, veñen da movida de outros concellos. Pois, polo que se está a ver, esto é o que se pretende á hora de pechar (3.30 horas) os pubs do noso concello, e tamén coa prohibición de instalar novos locais nocturnos para que os nosos fillos se divirtan. Ademáis, como xa se sabe, a nivel de toda a provincia temos a poboación máis xoven de todo Lugo, e onde hai xuventude ten que haber sitios para que se divirtan. Polo tanto, para divertirse teñen que ter locais e horarios como os demáis concellos da Mariña. A nosa xuventude ten todo o direito do mundo a divertirse no seu pobo. Con esto queremos decir que se abran novos locais, sempre que cumplan as condicións para a súa apertura, porque somos conscientes de que a xente ten dereito a dormir, pero esto non quere decir que Burela sexa o único pobo da comarca da Mariña que non teña dereito a ter a súa movida, como a tivo ata este último inverno. Xa nos parece bastante abusivo que durante o verán os concellos da Mariña teñan abertos os seus lugares de diversión toda a noite. Para máis abuso, durante o inverno fannos a nosoutros pechar ás 3.30 horas e o resto ten aberto toda a noite. Así que, os nosos fillos, cando pechan os locais de Burela, collen o coche e desprázanse para outros concellos, cos riscos que supón andar pola carretera a esas horas da madrugada. No que sí estamos de acordo é en que pechen ás 3.30 horas da madrugada, pero o que queremos é que todos os concellos teñan o mesmo horario, tanto no verán como no inverno. ¿Ou é que os nosos fillos son distintos por nacer en Burela? Nós tamén queremos durmir tranquilos sabendo que os nosos fillos atópanse en Burela. E, dende aquí, querémolos apoiar porque si nos fóramos novos tamén nos gustaría que os nosos pais nos apoiaran. Foi a nosa xuventude a que conseguíu que Burela sexa centro da movida, que na nosa época vímonos obrigados a desprazarnos porque aquí había pouco onde divertirse. Non tiremos co que eles conseguiron e que a movida, por ben de todo, siga estando en Burela. Pais de Burela preocupados pola nosa xuventude.