«Hoxendía un cámping coma este anda polos cen millóns»

La Voz

A MARIÑA

XULIÁN REI A ENTREVISTA Eduardo Lorenzo, propietario das instalacións de Viveiro Eduardo Lorenzo é o propietario do cámping de Viveiro, situado en Covas, desde hai uns corenta anos. Di que estas instalacións, ben coñecidas na Mariña luguesa, son as máis antigas da provincia. El mesmo é un namorado deste tipo de turismo, desde a súa xuventude, segundo confesa. Tamén estima que hoxendía o seu camping de Viveiro anda polos cen millóns de pesetas de valoración. Aquí chegan clientes fixos cada verán; acolle a 400 turistas cada día nesta tempada.

04 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Espéranos á entrada do Cámping Viveiro o seu propietario, Eduardo Lorenzo, agora xa retirado coa esperanza de que iste sexa un bo ano. -¿Canto hai que ten aberto o cámping? -Hai uns corenta anos, ou incluso máis, que teño o cámping. Este é o máis antigo da provincia de Lugo. -¿Como xurdíu a idea? -Xa de cativo, cando ía por aí de vacacións, gustábame o campamento de xuventudes. Pero ocurreúseme ó ver un cámping nas Rías Baixas. A partires de eiquí fíxena. -A acampada polo que se ve está de moda... -Antes ir de acampada estaba moi mal considerado. De feito os cámpings chamábanlles campamento de xitanos. Nembargantes agora hai demasiada xente que recurre a este tipo de vacacións para pasar o vran coa súa familia. -¿Canto pode custar máis ou menos, a día de hoxe, un campamento coma o seu? -Cerca dos cen millóns de pesetas, aproximadamente. -¿A Administración fomenta esta forma alternativa de pasar as vacacións? -Sería moi discutible. Eu comprendo que casos coma os de Huesca ou de Alfaques fagan á Administración estar moi por encima de nós. -¿Poden existir posibles perigos nos cámpings? -Aquí dende logo non corremos ningún perigo. -¿Que media de xente pode haber nesta instalación durante a época estival? -No verán podemos ter unhas 400 persoas diarias. Soen ser familias cos cativos que pasan un mínimo quince días. -¿E non hai un turismo menos sedentario? -Sí, pero acostuman a pasar dous ou tres días todo o máis. pero esta forma de turismo agora mesmo está en auxe. -Polo que vexo, parece ser que lle vai ben... -Non me queixo. Se volvese a nacer montaría outro tinglado coma este. Aínda que esta forma de turismo é cara, máis que alquilar un piso por un mes ou, por exemplo, ir de hotel. O cámping de Covas, en Viveiro, destaca por ter unha situación de certo privilexio, moi preto da praia e do parque municipal de Covas e tamén do centro urbán viveirense. A segunda quincena deste mes de xullo e o vindeiro agosto será a época «forte» do vran.