INMA EIROÁ A ENTREVISTA Juan José Galdón, presidente de Equimar e primeiro xuíz mariñano de andadura O focense Juan José Galdón ten boa parte de «culpa» do pulo acadado nos últimos anos polas actividades ecuestres na comarca da Mariña. A asociación que preside, Equimar, vai organizar o vindeiro domingo a 1ª Xuntanza Cabalar Concello de Foz. Nela participarán máis de oitenta cabaleiros. Farán un percorrido turístico seguindo os antigos camiños do municipio para rematar o día na área do Bispo Santo, arredor da paella que teñen encargada. Galdón tamén é noticia por outra razón: é o primeiro xuíz de andadura mariñano, modalidade pola que, di, ten paixón.
02 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.«O cabalo vale o que anda, e se anda ben e cómodo é moito mellor que que trote», afirma Galdón. -¿Cál é logo o cabalo de andadura? -É o que saca o paso de dous ou catro tempos. O cabalo andador move os dous laterales á vez mentras que o resto move en diagonal. Esto implica que o lombo vai recto e o xinete está libre de rebote, vai moito máis cómodo. -¿Na Mariña hai afición a esta modalidade ecuestre? -Aquí perdeuse moito o arraigo da andadura. Quizáis onde está mellor é en Xove e despois queda algunha xente, casos raros, en Foz, Mondoñedo, Lourenzá e O Valadouro. En Ferrol, por exemplo, hai moita afición. -Pero aquí calquer concentración remata sempre con competicións. -Sí, pero fanse as cousas ó revés. Os aficionados teñen que mentalizarse de que se teñen que federar e, unha vez pasado este trámite, organizar a competición que lles apeteza. Si se federan xa teñen un seguro, están en orden, preparados para calquer incidencia que poida pasar. Hai que empezar pola base. -Xa que fala de base, ¿Non é a súa a primeira promoción de xuices diplomados de Galicia? -Si. Tamén aquí se fixeron as cousas ó revés. Inventaron o campeonato sin ter xuices oficiales. Este ano acordouse poñer remedio a esto e fíxose un cursillo na Coruña, organizado pola Federación Hípica Gallega, para sacar a primeira promoción de xuices e estipular as normas que rexirían os concursos de andadura. -Fálenos desas normas. -Por exemplo, en canto á vestimenta, acordouse que os concursantes das probas de andadura teñen que usar pantalón de mahón ou pana de cor marrón ou negro e chaleque igual e camisa branca ou de cor crudo e a clásica boina galega, a pucha de antes, ou sombreiro. -¿Qué puntúan nesas probas? -Gaña o que menos tempo empregue en facer un percorrido de 300 metros. Tamén se intenta potenciar a deportividade e erradicar certos comportamentos. Por eso se acordou expulsar a todo aquel que blasfeme ou maltrate o animal. Eu propuxen que puntuara tamén a elegancia, pero non se aceptou esta suxerencia.