Datas e datos

Carlos Ferreiro

LUGO

22 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha data: 21 de setembro de 2004. Un dato: Alberto Núñez Feijoo (Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia) xunto co resto do PP, PSOE e BNG votan a favor do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (no que Anxo Lourenzo participou como Secretario da Comisión Sectorial de Educación Nº2) e que nos seus puntos 2.1.26-27-28-29 di: «garantir, como mínimo, que o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego».

Unha data: 10 de maio de 2008. Un dato: Anxo Lourenzo nun xugoso artigo de opinión afirma cousas tan curiosas como que «quen se está afastando do consenso lingüístico é o Partido Popular, na procura dun rédito político a curto prazo» ou que co decreto do galego do 2007 «non se obriga a ninguén a usar unha lingua ou outra».

No ano 2009 Anxo Lorenzo foi nomeado Secretario xeral de Política Lingüística polo PP cun salario de 63.201,80 ? e agora di que non negociará con «extremistas». Os «extremistas» deben ser a Real academia Galega, o Consello da Cultura Galega, os representantes mestres e profesores? que xa se teñen pronunciado pola defensa do galego.

Logo desto so queda aplicar un principio do dereito romano: Cui prodest ou a quen beneficia? Vostedes xulguen. O conflicto está servido.

O que si resulta especialmente irritante é o intento de parapetarse tras dun dos valores máis asentados na nosa sociedade, a familia, e plantexar o debate lingüístico como un ataque ás liberdades e directamente á familia.

O argumentario non é novo e é frecuentemente empregado polos «think-tank» ultraconservadores e recoñecido dende a lingüística cognitiva.

Sentidiño!

redac.lugo@lavoz.es