O CGAI proxecta «Stalker» do cineasta ruso Andrei Tarkovski

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

Hoxe no CGAI (20.00) en A Coruña proxéctase o filme Stalker , dentro do ciclo dedicado a Andrei Tarkovski. Na película varias persoas encamíñanse a unha zona onde existe un lugar no que se cumprirán as súas secretas aspiracións. Para iso necesitarán un stalker , guía ou curioso, que os levará alí mesmo, ao centro da zona. Esta obra foi rodada polo maestro do cine ruso entre 1976 e 1979.