Referendo en Louredo. Os veciños deben votar entre facer un Nadal católico ou, como propón o alcalde, laico. Delmiro optou este ano por non dedicar nin un só euro das arcas municipais á decoración navideña. Por moita crise que haxa, os veciños católicos non están nada contentos. Ese será o argumento do capítulo Nadal: Votos en contra?, que esta noite, ás 22.35 horas, emite Televisión de Galicia.
A campaña a favor e en contra do Nadal promete ser moi agresiva por ambas partes. Don Crisanto, que non anda moi ben da cabeza e mesmo confunde a súa medicación, non dubidará en facer uso da súa escopeta para tratar de impoñer a súa postura. Rodrigo porao en contacto cun servicio de teleasistencia da Cruz Vermella.
Antes do capítulo, nunha nova entrega de Louredo responde (ás 22.10 horas), analizarase por que todos os problemas de saúde de Miñato son tan indiscretos.