A nova edición comeza en Río de Xaneiro, un destino cheo de símbolos universais como o Cristo de Corcovado, as praias de Ipanema e Copacabana ou o estadio de fútbol de Maracaná.
02 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Dentro das novidades presentadas esta semana para a nova grella da Televisión de Galicia, a cadea estrea hoxe a segunda tempada de Galegos no mundo. O programa, que se emitirá cada xoves ás 22.00 horas, trata de ofrecer a realidade doutros países, sempre vistos dende a ollada dun galego emigrado.
Nesta nova edición, daranse a coñecer personaxes singulares coma o xefe de laboratorio dun dos centros máis avanzados de investigación de Europa ou a coordinadora do departamento contra o comercio de persoas, na oficina vienesa da OIM. Estes dous exemplos, xunto ao resto dos protagonistas improvisados, permiten ao programa percorrer as cidades máis coñecidas do planeta, como neste caso as visitas a Río de Xaneiro, Berna, Bucarest, Bos Aires, Milán, Edimburgo, Dublín ou Montevideo.
Galegos polo mundo comeza esta noite en Río de Xaneiro, un destino cheo de símbolos universais como o Cristo de Corcovado, as praias de Ipanema e Copacabana, o Pão de Açucar ou o estadio de fútbol de Maracaná. En Río, coñecido como «a cidade marabillosa», coñeceremos aos seis protagonistas deste primeiro capítulo.