«Cifras e letras» celebra o seu programa número 1.000 cun dó entre os tres grandes gañadores

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ |

TELEVISIÓN

10 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O espazo-concurso da TVG Cifras e letras alcanza hoxe seu programa número mil tras máis de catro anos en antena. Para celebrar este acontecemento, o programa ofrecerá, desde hoxe e ata o venres, unha serie de edicións especiais que reunirán os tres mellores concursantes da historia do espazo que presenta Paco Lodeiro coa asistencia de Jorge Mira e Yolanda Castaño.

Fer, o gran campión con 95 programas se medirá hoxe a Martín, e ata o mércores os dous tamén se enfrontarán a David, o terceiro en liza con 20 programas de permanencia. De aquí escolleranse os dous concursantes que máis programas gañen, que xogarán os xoves e venres. O gañador da semana logrará 2.500 euros, cantidade que será doada a unha ONG.