«Polo de agora non penso retornar»

La Voz

GALICIA

18 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Foi moi difícil decidir marchar e deille moitas voltas, pero concluín que non tiña moito que perder, que me ía arrepentir se non o facía e o máis importante: que verdadeiramente podía saír ben. Traballo pola miña titulación de técnico nun laboratorio xenético. En Galicia gañaría algo menos, pero os custos aquí tamén son máis elevados. O problema é que me sería moi difícil atopar traballo do meu en Galicia. Polo de agora non penso en retornar. Estou moi ben aquí e a situación económica, o paro e todo iso, non me empuxa a arriscarme.