Na Cañiza Lucía Couso Gallego retratou esta curiosa instalación dedicada a protexer unha figueira sen follas dos ataques dos paxariños.
04 ene 2011 . Actualizado a las 16:57 h.Os sistemas de defensa anti paxaros xa teñen protagonizado algunha vez esta sección de chapuzas galegas. E no comezo do 2011 chega unha nova aportación. Ven da Cañiza e provén de Lucía Couso Gallego, que fai un relato irónico e preciso da situación: «Os paxaros da Cañiza están aterrorizados: unha figueira do povo, é, en realidade, unha imponente máquina asesina de triturar pobres paxariños. Obsérvese a capacidade destructiva deses tapacubos que bailotean sen ton nin son ó ritmo do vento caprichoso. E do triángulo, coas súas contundentes puntas. Irónicamente, a figueira non ten unha folla. Pero hai que gardala igual. Paxariños da Cañiza: nunca descansaredes en paz. Menudo susto vos levades cando pasades a rentes da figueira asesina».