Para que o patrimonio non se sinta só, en Pesqueiras decidiron integralo, pero non co entorno senón coa muralla de bloques de cemento.
16 nov 2010 . Actualizado a las 13:07 h.«Este cruceiro-columna máis que unha chapuza parece un atentado». Con esta frase Eugenio Vázquez Méndez acompaña a fotografía que fixo en Pesqueiras, Salvaterra do Miño, e achegou a esta sección sobranceira de Lavozdegalicia.es.
Nela aparece un monumento tradicional galego (últimamente moi habitual entre as imaxes protagonistas das chapuzas galegas) que foi integrado coa veciña e parcheada muralla de bloques de cemento.