¿Cre que os pais teñen dereito a elixir o modelo educativo dos seus fillos ou debe supeditarse isto ao interese xeral?

La Voz

ELECCIONES GALLEGAS 2009

25 feb 2009 . Actualizado a las 09:27 h.

Alberto Núñez Feijoo

«Os dereitos dos fillos non chocan co interese xeral»

«Hai que respectar o dereito dos pais a elixir con liberdade o centro no que desexan escolarizar aos seus fillos e, por outra banda, a Administración debe velar polo mantemento da calidade e evitar desequilibrios por razóns lingüísticas ou doutro tipo. Neste caso os dereitos civís de pais e fillos non chocan co interese xeral».

Emilio Pérez Touriño

«Non estamos afavor das imposicións»

«Os socialistas non estamos a favor das imposicións en ningún ámbito. Dito isto, existe unha lexislación vixente en materia de ensino en Galicia, que hai que cumprir e respectar. Os nosos esforzos deben adicarse a debater de maneira construtiva para mellorar aqueles aspectos que sexan perfectibles».

Anxo Quintana

«O sistema xa garante o dereito a elexir»

«O sistema educativo xa garante o dereito a elixir o modelo educativo, posto que ofrece distintas posibilidades de escolarización: escola pública, privada concertada, e privada. Dende o BNG, respectando este dereito, poremos o acento nun ensino de carácter público e de calidade».