«O capital humano é fundamental»

La Voz

ECONOMÍA

03 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1É a capacidade dunha empresa, un territorio ou un país para ofertar bens e servizos en mellores condicións que os seus competidores.

2Creo que a pregunta está mal formulada porque a proposta da que se está falando é a de vincular salarios e productividade, que non é o mesmo que competitividade. En todo caso, o modelo salarial en España é bastante adecuado e ten como referencia a inflación e a produtividade. Mantendo a referencia ao IPC estou de acordo en seguir profundando na relación entre ambas as variables.

3É difícil contestar neses termos de táboa clasificatoria, pero xa que a pregunta se fai así, eu diría que en España non chegaría ao 5.

4Por baixo, medio punto menos.

5A variable fundamental é o capital humano. Polo tanto é necesario un impulso na cualificación, a formación, o coñecemento e a implicación das persoas nos seus empregos e nas súas empresas. E para iso é necesario un cambio no modelo de relacións laborais que substitúa a precariedade laboral e a rotación pola estabilidade e a vinculación dos traballadores coas súas empresas. Tamén o impulso da educación, a potenciación do I+D+i, dotarnos das infraestruturas físicas máis competitivas e conseguir unha maior dimensión empresarial e internacionalización das nosas empresas.

6O mesmo.