Un paseo en limusina ata a porta do Rosalía de Castro

La Voz

CULTURA

28 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha das novidades desta edición dos María Casares estaba fóra do teatro. A organización decidiu darlle aos nominados un paseo en limusina para que puidesen celebrar os trinta anos de existencia da profesión con algo que fixese xogo coa alfombra vermella.

As actrices e actores foron subindo a uns centos de metros do Rosalía de Castro e disfrutaron do paseo todo o rápido que permite o tráfico no centro coruñés.

Unha viaxe fugaz e un pararse diante do teatro para que a imaxe quede completa: os candidatos saíndo da limusina para ver se o seu nome sae gañador.

Banda sonora

Para que os posibles gañadores non baixaran sen banda sonora, a fanfarria obrigaba á xente a facer grupo pouco antes de que Suso de Toro lembrase que cando se cumpren trinta anos o lóxico é entrar na madurez.