Recolle esta antoloxía poemas de 14 galegos que tiveron «a Galiza como referencia e fundamento dunha paixón patriótica que se manifesta nesa reiterada saudade que eles escolleron para o seu cántico».
18 mar 2008 . Actualizado a las 22:26 h.Recolle esta antoloxía poemas de 14 galegos que en Cuba tiveron «a Galiza como referencia e fundamento dunha paixón patriótica que se manifesta nesa reiterada saudade que eles escolleron para o seu cántico», segundo explica no limiar o responsable da edición, Xosé Lois García. A antoloxía complétase cunhas breves biografías dos autores recompilados: Campio Devesa, Curros, Armada Teijeiro, García Acuña, Manuel Lugrís Freire, Eduardo Núñez, Alfredo Nan de Allariz, Cabanillas, Vidal Pita, Roberto Blanco Torres, Xosé Rubinos, Xulio Sigüenza, Vázquez Rábade e Neira Vilas, dos que se di que «lendoos asistimos a esa lembranza polos eidos patrios»