Celebrará un festival con artistas locais
20 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Instituto Félix Muriel (Rianxo) • Todo o día • Os alumnos do instituto Félix Muriel de Rianxo levan desde xaneiro do 2015 traballando nun proxecto relacionado coa música en galego. Entre as actividades realizadas figura a montaxe dunha exposición con láminas de Astarot, Ses, Marful, Carapaus, Roi Casal ou Narf, que hoxe chegará ao seu fin. Con motivo da clausura, o centro celebrará unha xornada lúdica, na que os rapaces terán ocasión de interactuar cos músicos. Está prevista a participación de Xosé Romero e Maruxa Miguéns, fundadores dos Rosales, así como de membros de Carapaus, Os Perucos e Vai de Roda. Alumnos e mestres incluso formaron un grupo para a ocasión, que ofrecerá unha actuación.