Se cadra, a de Galicia é a cartografía dos anacos. Un mapa trazado con farrapos unha e outra vez cosidos e cortados. Un reflexo continuamente composto e recomposto. Partido, repartido, traballado, esquecido. Un país de chousas amoreadas, de cortiñas perpetuas.Se cadra, Galicia non é máis que unha fronteira. Deitada á beira do Atlántico, a fin de Europa, a derradeira serea. Galicia é porque arraiana é a súa esencia. Finais inestables que se pousan nun calcetín, nunha bolsa, nunha corda, nunha botella. O país dos marcos, das continuas Fisterras. Galicia, mudando sempre e sempre eterna. Galicia, a infinita Fronteira. TAMARA MONTERO
La Voz de Galicia
Comentarios