Colección de traballos de Kiko da Silva

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

O humorista Kiko da Silva presenta esta tarde na Galería Sargadelos de Pontevedra unha exposición que recolle os traballos que figuran no seu libro O humor non engorda, publicado recentemente por Biblos Clube de Lectores. No acto, o autor estará acompañado polo escritor Diego Ameixeiras, quen falará sobre a obra e o estilo do ilustrador e humorista vigués. 20.00 horas.