25 jun 2002
«A época das irmandades, un período non moi coñecido, foi apaixoante»
Anselmo López Carreira, doutor en Historia que falará o venres en Vimianzo O «asalto ó castelo de Vimianzo», que se vén celebrando tódolos anos desde hai sete, precisaba dun cambio, e os organizadores déronllo. A primeira novidade poderase ver este vindeiro venres, día 28. Será unha conferencia dun auténtico experto na Idade Media, como é o caso de Anselmo López Carreira, que falará sobre os irmandiños. Para abrir boca, este doutor en Historia e escritor asegura que «a época das irmandades, un período non moi coñecido, foi apaixonante» e clave para Galicia.