FRANCISCO ALBO
A ENTREVISTA
Valentín Arias, coautor da biografía do empresario e mecenas Antón de Barreiros O escritor sarriao Valentín Arias está a piques de publicar unha biografía do empresario e mecenas Antonio Fernández López, ou Antón de Barreiros, que escribiu xunto con Avelino Pousa Antelo. Os dous autores do libro «Antón de Barreiros, empresario dun país e dun tempo» coñeceron persoalmente ao biografado, con quen colaboraron nos seus proxectos educativos. O fundador da Granxa de Barreiros e de numerosas empresas galegas, falecido en 1971, é para Valentín Arias todo un referente moral.