Os centros monfortinos Río Cabe e Pinguela lograron un 100% de aprobados en alumnos da LOXSE Catro institutos de ensino secundario da zona sur lucense superaron amplamente a media galega de aprobados no exame de selectividade universitaria, situada este ano nun 88%. Dous destes centros educativos, os institutos monfortinos Río Cabe e A Pinguela, conseguiron un éxito do 100% no que respecta ós alumnos do bacharelato LOXSE. Os centros Xograr Afonso Gómez, de Sarria, e Lama das Quendas, de Chantada, sobrepasaron o 90% de aprobados. Algún destes institutos logrou aumentar considerablemente a porcentaxe de alumnos aprobados con respecto ás convocatorias dos últimos anos.
FRANCISCO ALBO