TEMA RAG

Últimos artículos publicados

20 abr 2002

La Academia Galega deja en suspenso la elección del sustituto de Marino Dónega

Una norma de la RAG obliga a sus miembros a presentar los candidatos en una sesión y votar en otra La Real Academia Galega dejó en suspenso y en suspense la elección de la persona que ha de cubrir el vacío dejado por Marino Dónega. Los miembros se reunieron para elegirlo entre una terna de tres candidatos. Pero alguien advirtió que primero los tenían que presentar de forma oficiosa en una sesión preliminar. Y mientras contienen el nombramiento, sacan a la luz lo que ya estaba cantado, que Xosé Ramón Barreiro ocupará la vacante de Carlos Casares en el Consello da Cultura.

ALBERTO MAHÍA

20 abr 2002

«O tipo de intelectual que encarnou Luís Seoane é o máis necesario hoxe»

Xesús Alonso Montero, escritor e profesor Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), marxista irredento, republicano recalcitrante, é un home politicamente incorrecto nos tempos que corren, supostamente amansado baixo a súa capa de catedrático de Literatura Galega, filólogo, traductor, ensaísta e nos últimos anos, poeta. A súa obra «As palabras no exilio», unha biografía de Luís Seoane publicada no 1993 con motivo do Día das Letras Galegas, preséntase na «Biblioteca Galega 120» nunha edición ampliada ca conferencia que o polígrafo, admirador da figura intelectual e moral de Seoane, pronunciou o ano pasado en Santiago no Congreso Internacional sobre o Exilio.

B.R.SOTELINO

18 abr 2002

«O Padre Sarmiento adiantouse cen anos a súa época»

Henrique Rabuñal, escritor Despois de navegar nun mar de libros e bucear nos arquivos de tódalas bibliotecas coruñesas, o profesor e escritor Henrique Rabuñal reuniu tódala información suficiente para sacar á luz «O Padre Sarmiento. Arquivo da lingua e cronista da patria» (editorial Espiral Maior), que hoxe (20 horas) presentará en Portas Ártabras. Para él, «o Padre Sarmiento foi o gran pioneiro en materia educativa».

12 mar 2002

Emotivo funeral por Carlos Casares

A cerimonia que se celebrou na igrexa compostelana de Bonaval reuniu á xente da cultura de base e da oficial Unha vela accesa no altar como símbolo da memoria viva de Carlos Casares presidiu onte as honras fúnebres que se celebraron na igrexa compostelana de San Domingos de Bonaval. A emotiva cerimonia convocou a varios centos de persoas, pero non só da cultura institucional e representantes da vida política e social de Galicia, senón da cultura de base e xentes anónimas que confirmaron coa súa presencia a querencia popular e a altura do home e do intelectual Casares. A súa viúva, Kristina Berg, e os seus fillos Hakan e Christian, ademáis dos seus irmáns Xavier e Mercedes, presidiron as exequias oficiadas por Andrés Torres Queiruga.

CONCHA PINO

09 mar 2002

Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega

Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».

JORGE LAMAS

09 mar 2002

A homenaxe a Don Paco foi un inesperado adeus a Carlos

JORGE LAMAS / EN DIRECTO ONTE, tódalas persoas que estiveron presentes na homenaxe a Fernández del Riego, meditaban sobre a insoportable fraxilidade da existencia humana nos aledaños do tanatorio de Vigo. Ninguén podía dar creto ó inesperado xiro dos acontecementos. Só unhas horas antes, Carlos Casares era un invitado máis no acto de agradecemento á traxectoria de don Paco . Onte xa era unha persoa da que todos falaban empregando con emoción os tempos pasados nos verbos.

09 mar 2002

Aire fresco no Consello da Cultura

Casares foi elixido como terceiro presidente deste organismo autónomo en outubro de 1996 e reelixido no 2000 Con el entrou aire fresco no Consello da Cultura Galega. Carlos Casares foi o terceiro presidente deste organismo autónomo, elixido en 1996 trala morte de Filgueira Valverde, que á súa vez tomara o relevo de Ramón Piñeiro, e reelixido en decembro do 2000. Á fronte desta institución demostrou, unha vez máis, o seu talante conciliador e dialogante e a súa visión positiva para resolver situacións comprometidas. Home curioso e ávido de estar ó día, falaba con entusismo do Portal en Internet do Consello e de que unha gran parte das 350.000 visitas que recibiu o pasado ano foron galegos que están fóra.

C. P.

07 mar 2002

Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer

La escritora ribadense recibe hoy, de manos de Manuel Fraga, uno de los galardones Galicia en feminino Luz Pozo Garza va consiguiendo ser profeta en su tierra. La escritora ribadense es una de las galardonadas de los premios Galicia en Feminino de este año, cuya entrega tiene lugar en Santiago esta noche, bajo la presidencia de Manuel Fraga. La poeta, académica y ensayista recibe una nueva distinción, coincidiendo con la celebración del Día Internacional de la Mujer, como reconocimiento a su carrera literaria. Su Ribadeo natal ya le ha dedicado otros homenajes.