TEMA RAG

Últimos artículos publicados

25 jun 2002

Os colectivos noieses perfilan iniciativas para festexar o recoñecemento a Avilés

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, suliña que na decisión non influiron as solicitudes das asociacións Veciños e entidades públicas e privadas de Noia acolleron con entusiasmo a decisión da Real Academia Galega (RAG) de adicarlle o día das letras do 2003 ó vate Antón Avilés de Taramancos. Colectivos como a Sociedade Liceo, a editorial Toxosoutos, a revista Casa da Gramática e Sacou, entre outros, anunciaron xa a realización de proxectos e actividades de diversas características para conmemorar e festexar o recoñecemento que se lle fai ó autor de textos tan coñecidos como «As torres no ar», editado no 1989. Por outra banda, o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, puntualizou onte que a elección emana únicamente da institución.

SARA ARES

22 jun 2002

Víctor Freixanes, único candidato para substituír a Casares na Academia Galega

O autor de «A cidade dos césares» califica de «emocionante» ocupar o posto do seu amigo Camiñaron xuntos moitos anos, os dous sendo escritores, os dous sendo editores, os dous sendo articulistas de prensa, os dous celebrando o seu cumpreanos o mesmo día, o 24 de agosto, San Bartolo. Agora, despois da morte de Carlos Casares, o seu compañeiro de camiño, Víctor Freixanes, vai ocupar o sitio do amigo na Real Academia Galega. Freixanes considera que a proposta «para min é un homor» e non pode evitar un lixeiro tremor na voz cando afirma que «substituír a Casares é emocionante»

RODRI GARCÍA

22 jun 2002

A Real Academia adicará o Día das Letras Galegas do 2003 a Avilés de Taramancos

Barreiro salienta o traballo do autor de «Cantos caucanos» polo idioma e a decisión de dar entrada ós poetas da Xeración dos 50 Os muros de pedra da Real Academia Galega escoitaron onte o segredo do vindeiro dezasete de maio. Tras dúas horas de deliberacións, o nome do sucesor de Frei Sarmiento quedou ó descuberto. Unha ampla maioría de académicos quixo adicarlle a Antón Avilés de Taramancos o Día das Letras Galegas do 2003. Dez anos despois do seu pasamento, o mundo das letras recoñece así o labor dun poeta que viviu gran parte da súa vida en terra allea. Xosé Ramón Barreiro, o presidente da institución, quixo salientar a decisión da Academia de premiar a un poeta da xeración do 50 e dixo que «Avilés de Taramancos traballou moito polo idioma». 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

JUAN R. GÓMEZ-ALLER

21 jun 2002

Os veciños de Córgomo adicarán o 2003 á figura de Florencio Delgado Gurriarán

No pobo do escritor se viviu con nervos a xornada previa á elección do homenaxeado das Letras Galegas En Córgomo, a localidade do municipio de Vilamartín onde naceu Florencio Delgado Gurriarán, os veciños están agardando con nervos a flor de pel a decisión do pleno da Real Academia Galega que decide esta mañá ó candidato das Letras Galegas do 2003. No pobo hai preto de 104 casas e unha morea de máis de trescentos veciños. Onte os teléfonos non paraban de soar e nas rúas non se falaba doutra cousa. Algún preguntábase: «¿E si sae qué facemos?». A resposta está clara. Para os veciños de Córgomo o 2003 vai a ser o ano do seu poeta. Que a celebración se espalle a tódolos recunchos de Galicia será cousa da Academia.

ROCÍO RAMOS

20 jun 2002

As Letras de Ferrolterra, pendentes da decisión que adopte a Academia Galega

A comarca salienta a valía de figuras como Carballo Calero ou os autores da Escola Diocesana Mentres os académicos se dispoñen a decidir a quén se lle dedica o Día das Letras do 2003, concellos e entidades culturais de toda a comarca agardan un xesto de recoñecemento á herdanza literaria de Ferrolterra que ¿segundo todas as fontes consultadas¿ tampouco este ano parece probable. O profesor Carballo Calero, a Escola Diocesana e o cabaleiro Esquío son algunhas das propostas que, a pesares do recoñecemento unánime que espertan, deberán seguir agardando... se non hai sorpresas.

REDACCIÓN

15 jun 2002

MILLADOIRO

SANDRA FAGINAS falar.ben@lavoz.es

04 jun 2002

«Arraianos», unha das mellores obras de Méndez Ferrín

Foi un dos libros máis recoñecidos nos anos noventa durante os que acadou o recoñecemento da Crítica tanto galega como española. Os críticos falan dunhas páxinas «estremecedoras e vibrantes». O escritor renovou o seu apoio ós falantes das zonas limítrofes de Galicia no «xantar de Cacabelos» Lecturas cualificadas

XOSÉ HENRIQUE COSTAS

31 may 2002

Barreiro llama a los humanistas a encarar con ideas la tecnificación de la sociedad

El presidente de la Real Academia Galega apadrinó la sexta promoción de titulados del campus ¿Para qué sirven las Humanidades? Xosé Ramón Barreiro, presidente de la Real Academia Galega y catedrático de Historia Contemporánea, tiene la respuesta a tan «impertinente» pregunta. Y ayer, en el campus, se la puso en bandeja a los alumnos de la sexta promoción de la licenciatura. «Os humanistas ¿advirtió¿ teñen a responsabilidade de dar ideas para que a tecnificación non se volva contra o home».

REDACCIÓN