O filólogo Henrique Monteagudo localizou o manuscrito de «Coplas galegas», que se daba por perdido, na Biblioteca Nacional O Padre Sarmiento chascaría os dedos. O orixinal autógrafo da única obra que escribiu en galego, «Coplas galegas», existe e foi atopado por un investigador galego no fondo da Biblioteca Nacional de Madrid. O profesor de Filoloxía e secretario do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, seguiu un rastro confuso, a referencia estraña dunha obra do erudito pontevedrés do século XVIII que coincidía coas datas nas que escribiu as coplas, 1746-1747. E aí estaba, de puño e letra de Martín Sarmiento, «unha xoia emblemática das nosas letras que se coñece por edicións a partir da copia manuscrita do Arquivo de Medina Sidonia».
CONCHA PINO