AMELIA FERREIROA
PROTAGONISTAS
Celso Fernández, autor do libro «Fucsia, talladas, estampados, boca» O lalinense Celso Fernández Sanmartín acaba de publicar o seu quinto libro, «Fucsia, talladas, estampados, boca». Poesías que saen á luz despois de permanecer nun montón ó longo de catro anos e que se recollen en tres núcleos principais: Cirolos impresos, O bocado á boca e O lobo, e citas de Nicolás Maquiavelo, Ernesto Cardenal, Federico García Lorca e Aníbal Núñez.