26 may 2001
«Temos unha Universidade non abondo financiada, e iso provoca problemas»
Abordada a docencia, falla a outra pedra angular da Universidade, a investigación. A ausencia de entendemento co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía vai unido ás lagoas que deixa o anteproxecto de Lei de Universidades en materia de financiación. Segundo Darío Villanueva, a USC leva anos facendo os deberes para estar en forma á hora da eclosión da sociedade do coñecemento. A pesares de que as declaracións dos políticos amosan unha conciencia clara neste senso, «entre as declaracións e a práctica hai interferencias».
E. Á.