03 nov 2001
Medra o uso da linga galega na «literatura» que rodea ós mortos
Un libro recolle as curiosidades de esquelas, recordatorios e lápidas dos camposantos «Perdonen que no me levante». Iso queren ler algúns na tumba de Groucho Marx, nunha expresión moi propia do personaxe; mágoa que non sexa certa. Nas lápidas das tumbas están escritas historias como a que se pode ler no cemiterio de Ourense: «Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmorten porque as cousas ou se fan ó seu tempo ou non se fan». O 18 de xaneiro de 1890 publicouse en Lugo a primeira esquela en galego e nos últimos anos o uso da lingua vernácula en lápidas e recordatorios vai a máis.