O curso de crenoterapia de O Carballiño leva a política termal a debate
«Adapta-la legalidade á realidade» sería, segundo o doctor Míguez, director do V Curso de Crenoterapia, o obxectivo dunha posible nova lexislación no eido do termalismo. A xornada de hoxe, que escomenza coma as anteriores ás 16.30 na Casa da Cultura de O Carballiño, adicase á Administración e á Política. A primeira protagonista da tarde será Susana Vázquez Romero, que vai falar da lexislación sobre o termalismo en Galicia, incidindo sobre todo no tema dos perímetros de protección das zonas termais. Interven tamén José Daniel Rodicio Pérez. Na súa charla tentará facer distingui-los conceptos entre área termal por unha parte, da que un exemplo moi claro son os lugares do Tinteiro, as Caldas e a Chabasqueira en Ourense, e vila termal por outra.
REDACCIÓN