15 mar 2002
Emilio Lavandeira expón en Sargadelos a súa serie de acuarelas sobre o clero
O proxecto que se pode ver na cidade desde onte foi desenvolvido polo artista durante os tres últimos anos A galería Sargadelos de Ourense abriu onte ó público unha exposición do artista Emilio Lavandeira. Unha serie, a que chega agora a Ourense, protagonizada de forma monográfica polo clero e os seus principais e tradicionais protagonistas: os cregos. De personalidade multifacética -fotografía, música, pintura ou xornalismo son algúns dos eidos nos que traballou Lavandeira- o artista adícase na actualidade á pintura. A mostra estivo en A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
X.M.R.