A xornada discorreu chea de actividades culturais na comarca, que adquiriu sabor literario e musical A Mariña escribiu as súas Letras Galegas, nunha singular homenaxe a Manuel Murguía, que serviu de evocación da súa vida e a súa obra, ben preto de Rosalía de Castro. Esta xornada festiva foi día de cultura na comarca, con centos de actividades en boa parte dos concellos. O sabor predominante foi o literario, cun referente en Ribadeo, onde agasallaron cun caravel ós mercadores de libros. Tamén houbo música e conversa, e non faltou o teatro nin os certames de debuxo dirixidos ós rapaces dos colexios da zona.
REDACCIÓN