10 ene 2001
«Queremos informar ó gandeiro»
MAICA SIMÓN A ENTREVISTA Francisco Lema Fuentes, xefe dos servicios veterinarios da Xunta na área de Carballo O Servicio de Sanidade Animal da Xunta de Galicia, en colaboración coa asociación Neria, imparte na zona unha serie de charlas informativas sobre o mal das «vacas tolas». Hoxe tócalle o turno a Zas. Francisco Lema Fuentes é o xefe da área de Carballo, e está a ser o encargado de explicarlles ós gandeiros as características da enfermidade e as obrigas e dereitos que teñen. «Queremos informar ós gandeiros do tema e tamén da sintomatoloxía da Encefalopatía Esponxiforme Bovina», explica Lema Fuentes.