Galicia dá lustre hoxe ás súas letras
A FESTA DA PALABRA / A Real Academia Galega reúnese en sesión pública no mosteiro de San Clodio para homenaxear a Eladio Rodríguez «Esta semana xa sabes: poña un escritor na súa mesa», ironiza unha autora galega explicando o feixe de peticións recibidas para participar en todo tipo de institucións falando do Día das Letras Galegas. Galicia quere hoxe darlle lustre ás súas letras, unha xornada na que o mediodía terá lugar o acto central da celebración no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Alí, os membros da Academia participarán nunha sesión extraordinaria pública para homenaxear a Eladio Rodríguez González. Case á mesma hora, na alameda de Compostela terá lugar unha manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema «O galego no ensino, materia pendente». No resto de Galicia o número de actos son incontables.