M. ALFONSO/ I. EIROÁ
A ENTREVISTA
Jaime Mariño, de Ourol, gañador de 6 millóns de pesetas no programa de TV, «¿Quiere ser millonario?» Foi o último concursante que participou onte no concurso «¿Quiere ser millonario?», que emite Telecinco. Era a segunda vez que estaba no plató do programa, «aínda que a primeira non conseguín saír a concursar», sinala. Este veciño de Ourol, cambadés de adopción, conseguiu levarse seis millóns de pesetas, a pesar da dificultade das preguntas que lle fixeron. Despois desta experiencia, Jaime Mariño afirma que «para participar nun concurso fai falta moita curiosidade e tranquilidade», destaca.