O fotógrafo de La Voz Simón Balvís expón en Pobra as imaxes da obra «Cartafol do Barbanza» A exposición de imaxes do fotoxornalista de La Voz de Galicia Simón Balvís, que se mostran dende o mércores na Casa Mariñeira da Pobra, son un anticipo do libro de Antón Rivero Coello «Cartafol do Barbanza», unha proposta de rutas polos distintos concellos da serra. Os autores estiveron acompañados na inauguración polo alcalde, Isaac Maceiras, o edil de Cultura, Antonio González, e outros persoeiros. O libro se presentará o día 20, dentro da programación do «Maio cultural 2002» do Concello pobrense.
REDACCIÓN