É unha parroquia de forma redondeada que se vai inclinando cara o norte na procura do río que a separa do concello de Ponteceso Santa María de Cereo está no extremo noroeste do concello de Coristanco e ten unha forma máis ben redondeada. Presenta unha inclinación cara o norte e o nordés debido a que colle a baixada cara o Anllóns, que nalgunha parte do seu percorrido polos lindes da parroquia vai bastante encaixado. Os piñeirais son abondosos, sobre todo en Vilarverde, pero hai salgueiros, bidueiros e sanguiños na beira do río de Bergantiños. O castro de Cruz de Agrelo e os pazos de Cotón e Cereo Vello son os principais elementos da riqueza histórica desta comunidade que analizamos a continuación. Colabora nesta investigación Luís García.
EVARISTO DOMÍNGUEZ