A Costa da Morte continúa coa festa tras unha xornada de emotivas homenaxes
O recital poético-musical de Laxe, o teatro de Cabana e a noite máxica do Couto son as principais citas O 17 de maio chegou á Costa da Morte acompañado pola tormenta. A chuvia xa fixera acto de presencia na ofrenda floral da noite anterior a Camilo José Cela en Fisterra, e onte alternouse co sol durante toda a xornada. Neses intervalos de bo tempo, os concellos de Muxía e de Malpica aproveitaron para celebrar as súas homenaxes a Gonzalo López Abente e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, respectivamente. Porque onte foi o día de Frei Martín Sarmiento, pero tamén o de outros moitos autores que recibiron o recoñecemento dos veciños da comarca. E hoxe, aínda que o ritmo disminúe, a festa continúa.
C. A. M.