08 ene 2002
«A literatura galega invita a voar»
Manuel Rivas, autor de «¿Que me queres, amor?» A súplica do trobador medieval Fernando Esquío da título a un dos libros máis coñecidos de Manuel Rivas, que se entrega mañá na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia. O escritor cre que unha boa colección de libros é imprescindible en todo fogar e defende os beneficios da literatura, a que fai voar, así como os dunha lingua propia, vista como un gran recurso. A cultura é decisiva no futuro dun país, conclúe. Un vento de inverno trae a noite sobre o porto de Sada. Manuel Rivas pescaba aquí de cativo. Chega á entrevista vestido de negro, cun libro de Chèjov baixo o brazo e un reloxo no pulso esquerdo coas siluetas dos Beatles.