22 feb 2002
«Non son reintegracionista»
Pilar Vázquez Cuesta, doutora Honoris Causa pola Universdade de Lisboa Esta tarde recibe na Universidade de Lisboa a máxima distinción, o doutorado Honoris Causa, un recoñecemento á persoa que acupou a primeira cátedra de Portugués que houbo en España, Pilar Vázquez Cuesta. Esta muller de 75 anos di que estaba predestinada a súa vocación pola cultura portuguesa, brasileira e lusóafricana, «porque nacín un 25 de abril e un dos meus nomes é África». Pero é rotunda ó aclarar que non é reintegracionista, porque «galego é portugués son linguas irmáns, pero distintas».
CONCHA PINO