21 jun 2002
Carlos Núñez abre o XVIII Festival do Mundo Celta de Ortigueira
O programa desenvolverase os días 12, 13 e 14 de agosto con actividades abertas e gratuítas O Festival do Mundo Celta de Ortigueira renova a súa cita coa música e a festa rachada ó aire libre os días 12, 13 e 14 de agosto. Os organizadores presentaron en Compostela o programa da dezeoito edición, que abrirá no escenario principal o gaiteiro Carlos Núñez, que se estrena en Ortigueira cun espectáculo ó que convidará a figuras da música galega e internacional, e no que presentará o seu ultimo disco sobre música bretona. O emblemático festival celta reafirma a liña aberta a outras músicas e a artistas nobeis.
CONCHA PINO