24 oct 2001
«O poeta Xohán de Requeixo foi un crego e non un cabaleiro amigo das festas»
FRANCISCO ALBO A ENTREVISTA Xosé Lois García, autor do libro «Os trobadores das terras de Chantada» O escritor Xosé Lois García, oriundo de Chantada, segue afondando nos seus estudios sobre a cultura medieval do sur lucense. A súa achega máis recente é o libro «Os trobadores das terras de Chantada», onde descubre un aspecto descoñecido do célebre poeta Xohán de Requeixo e esclarece a orixe chantadina doutros antigos escritores galegos. Por outro lado, García está a dar os últimos toques a un traballo exhaustivo sobre o patrimonio románico de Sober que será publicado dentro de poucos meses.