Centros de ensino de dez concellos da comarca contribuiron á proba con alumnado e docentes Uns 2.500 estudiantes fixeron onte do idioma galego unha festa nas rúas de Compostela. A carreira Correlingua, que iniciou na cidade o seu andamento por once comarcas do país, que finalizará en Vigo na víspera do Día das Letras, foi o pretexto que lles valeu para demostrar que non renuncian á lingua. A participación foi semellante á do ano pasado, coa novidade da presencia de maior número de centros, pois acudiron 28 de Santiago, Boqueixón, Val do Dubra, Rois, Padrón, Ames, Ordes, Dodro, Touro, Teo e Trazo. Tamén se notou esta vez máis profesorado. Entre todos encheron a mañá de mocidade con ar festivo, reivindicativo e positivo.
REDACCIÓN