04 dic 2001
Galicia mostra en Madrid as súas creacións de arte contemporánea
Salvador Cidrás é o primeiro artista galego vivo en expoñer no Reina Sofía A arte galega contemporánea «tomou» Madrid. O vigués Salvador Cidrás expón dende onte no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía unha obra feita expresamente para o Espacio Uno, ámbito dedicado ós novos artistas. Cidrás é o primeiro artista galego vivo que mostra a súa obra neste templo madrileño das vangardas, debido a estreita relación que existe o director desde centro, Juan Manuel Bonet, e o CGAC. Asimesmo, oito artistas galegos mostran a súa obra na colectiva «Figuracións desde Galicia».
CONCHA PINO Enviada especial