17 ene 2002
Voltan os Circuitos Culturais ás parroquias lalinenses
O Concello remitiu cartas ós pedáneos para realizar a programación A concellería de Cultura do Concello de Lalín levará ás parroquias do municipio unha serie de actuacións que se inclúen na programación dos Circuitos Culturais no Rural. Teatro, música, contacontos e títeres son as ofertas culturais que se presentan para este ano e as actuacións en cada parroquia serán escollidas polos pedáneos de cada unha delas. O Concello xa lles remitiu unha carta co gallo de elaborar a programación do presente exercicio.
AMELIA FERREIROA